jueves, 11 de marzo de 2010

Vellas tradicións, mans novas

A día de hoxe, creo que unha das cousas que máis me gustan é facer encaixe . Non hai actividade para min máis relaxante e creativa. Pasa o tempo e non te decatas. O son dos palillos cando traballas é música nos meus oídos. As obras que fas son arte en pequeniño que producen unha fonda satisfacción.
¡Anímate! Tamén ti podes aprender.