jueves, 8 de abril de 2010
Reflexións nunha tarde de cursiño
Creo sinceramente que isto das "TIC" é demasiado para min. ¡Quédame grande!
Por máis esforzos que fago por reter na cabeza toda a información que Óscar (¡pobre Óscar, que paciencia ten!) nos transmite, non consigo acordarme de nada. Pasan os días e aquí sigo en combate permanente coa máquina. Menos mal que logo acabaremos e marcharei a relaxarme cos meus palillos.

Recursos en Internet
Lectores de Noticias:
- Google Reader: http://www.google.es/reader
Tradudores en liña:
- Opentrad: http://www.opentrad.com/
- Tradutor de Google: http://translate.google.es/
Mapas:
- Google Maps: http://maps.google.es/
a miña ultima obra
Está ben claro: nunca podes dicir "desta auga non beberei". Eu sempre dicía que nunca faría un abano de encaixe, que me parecía unha perda de tempo, pero aquí me tedes..., coa miña última obra terminada ¡e ben orgullosa que estou!
¿Gústavos? Apetecíame compartir esta imaxe con vos.
Por favor, mandádeme a vosa opinión.
Grazas
¿Gústavos? Apetecíame compartir esta imaxe con vos.
Por favor, mandádeme a vosa opinión.
Grazas
jueves, 11 de marzo de 2010
Vellas tradicións, mans novas
A día de hoxe, creo que unha das cousas que máis me gustan é facer encaixe . Non hai actividade para min máis relaxante e creativa. Pasa o tempo e non te decatas. O son dos palillos cando traballas é música nos meus oídos. As obras que fas son arte en pequeniño que producen unha fonda satisfacción.
¡Anímate! Tamén ti podes aprender.
¡Anímate! Tamén ti podes aprender.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)